viernes, 17 de julio de 2026

A maxia dos campamentos

Se existe unha palabra sociada ó verán para quenes traballamos neste sector do ocio e do tempo libre esa é CAMPAMENTOS. Así, con maiúsculas, para que léase claro e conciso, porque nesas 11 letras agóchanse moitos dos segredos dos que quero falar nesta publicación, segredos que quero amosar ós país, nais, titores, avós, avoas e demáis persoas achegadas da rapazada que cada verán vai de campamento.

Porque eu sei que cando os nosos cativos e cativas retornan de novo a casa tras unha quenda de campamento, voltan cun sorriso no rostro e unha chea de anécdotas, historias, aventuras e amizades. Pero tamén sei que moitos dos que estades lendo isto gustaríavos saber o por qué, saber un pouquiño máis sobre o cómo, para sentirvos máis perto dos e das peques da casa.

Imos comezar polo comezo, valga a redundancia.

Os campamentos son espazos de lecer, iso todos o sabemos, mais tamén son moitas outras cosas, cousas nas que quizáis non nos detemos a pensar ou non nos decatamos delas.

Os campamentos son espazos de crecemento, durante 5, 8 ou 10 días, os rapaces e rapazas achéganse a todo un universo novo: un mundo con normas de convivencia propias, con persoas moi diferentes unhas doutras, con actividades e xogos quizáis nunca coñecidos anteriormente. Sair da zona de confort da cativada fainos crecer, isto é indudable, pero tamén se pode fomentar de forma activa ese crecemento, esa autonomía.

Un bo campamento é aquel que non só divierte, senón que tamén amosa. Amosa valores, amosa novas formas de ver a vida e o mundo que nos rodea. Nun campamento os e as peques achéganse a espazos de participación cos que nunca tiveron contacto previamente. A Asamblea ou Escoita Activa, un espazo que ten lugar todos os días, é o lugar perfecto para isto. Alí os nenos e nenas non só comprenden que a súa voz é importante, incluso comprenden que teñen a capacidade de mudar as cousas, que participar, dialogar e chegar a consensos é unha potente ferramenta que lles permite construir un pouquiño máis un campamento no que sentirse a gusto, no que sentirse seguros, no que sentirse cómodos. Aprender a ser escoitados é unha potente ferramenta que dota de autonomía, autoconsciencia e responsabilidade ós nosos fillos e fillas, porque comprenden que a súas necesidades son importantes, que é preciso reflexionar sobre elas e que amosalas ós demáis realmente da froitos e permite chegar a sentirse mellor cos demais e consigo mesmos.

Cada día o equipo de monitorado esfórzase por estar pendente de todas e todos os peques do campamento, comprender qué sinten, por qué o sinten, cómo poden traballar esas emocións. Ensinarlles que a resolución de conflictos é importante e que non basta con pedir perdón, senón que hai que aprender a reparar o dano feito ós demais para poder chegar a perdoar e evitar facer dano no futuro.

Sei que cando falamos de campamentos todos pensamos nas actividades que farán os cativos e cativas, aínda que é clave e é importante para desfrutar do campamento, temos que comprender que isto non o é todo. O maior dos sorrisos non ven das actividades espectaculares, ven do bo facer das e dos monis, ven de todas esas horas de traballo que hai detrás, desas reunións interminables falando dos peques e das peques, de cómo están, de por qué Xoan está enfadado con María, de por qué Miguel chora despois das chamadas, de por qué a dor de barriga de Nadia en realidade nos fala da añoranza que sinte pola casa...

E é que en definitiva, detrás dun campa inolvidable realmente está o universo que se crea entre monis e rapazada.

Porque se o equipo de monis desfruta do seu traballo e está ben coidado, eles serán capaces de volcar tódala súa enerxía e máis nos peques e se as peques están ben entonces calqueira actividade, sexa a que sexa, pode convertirse na mellor actividade do mundo.

Porque a maxia dos campas é ese mundo que se crea, ese microcosmos no que vivimos todos e todas durante unha quenda, ese universo que tecemos entre adultos e menores e que nos interrelaciona a todos e todas.

Porque se os nosos fillos e fillas voltan a casa cun sorriso, historias, anécdotas, aventuras e amizades, entón é que o traballo estivo ben feito e que o equipo de monis logramos facer que, novamente, a palabra CAMPAMENTO poida escribirse con letras maiúsculas na memoria de todos nós.

E iso é, a fin de contas, o verán. A maxia dos campamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario