martes, 6 de octubre de 2015

Disque os mandrís non servimos para rimar

As veces simplemente déixome levar,
como un río descendendo até o mar.

As veces só permanezo inquedo,
inquedo permanezo as veces,
por sentir o tempo na miña pel
cando me di "marcho, que teño que marchar".

E logo? Agora eu que fago?
Na miña póla ó lonxe
inúndame a saudade
e só podo esfumarme nos tragos
mesturados con fumes de cores.

Fumándome a distancia
e esperando que o tempo me leve,
contando as paredes da estancia
a golpes de folerpas de neve.

As veces só me deizo levar
e é o vento o meu guiar.
As veces só podo pensar
e na miña póla ver todo pasar.


22-01-2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario