viernes, 3 de diciembre de 2021

Non había escapatoria

A cortina de auga atravesaba o mundo e deixaba caer todas as inquedanzas por un futuro que día a día esnaquizábase. Qué facer? Viñera buscar respostas e nada atopara. Tan só todos os demonios que dende facía anos a perseguían. Non había nada que facer, sempre estaban alí, velando por ela, supervisando que ninguén máis a zorropicase contra os cantís das inquedanzas e as dores non esquecidas. Eran insaciables, e quizáis por iso mismo daban tanto medo. Non había escapatoria.

A chuvia o asolagaba todo, e os borbollóns de auga caían incasabeis como noites oscuras sen estrelas que se acochaban do pasado e do porvir. A tristura bañaba o seu rostro e as bágoas confundíanse ca soidade que acariñaba a súa lastimeira vida que non remataba nunca por se esborrallar de todo. Por máis que o intentanse, o pasado sempre a alcanzaba. E mira que ela, coa súa testarudez, tentara deixar tras de sí todas as incertezas que a asfixiaban cada noite en vela que pasaba tragando teito. Non había nada que facer. Non había escapatoria.

A fervenza que se desdebuxaba ante os seus ollos aquelaba tirabuzóns e remoliños que xogaban cas súas incertezas. Habería cura para un pasado tan esnaquizado en miles de cristais e espellos? Xa non había moito que reconstruir, pero ela intentaba unha e outra vez verse reflexada na mirada que lle devolvían os corpos inertes que consumía tras de sí, non fose ser o demo e alí atopase algunha solución. Aunque non había. Ela sabíao. Non había escapatoria.

A cortina de agua bañabao todo. Constante. Inquedante. Tristeira. A soidade que producía o paixase a través da finestra non daba lugar a outra cousa que a máis desacougante tristeza. Como se centos de cabazas se vacíasen, e só quedase a desesperante calma que abolla tras a maior das tormentas: hai paz, pero non liberdade na alma. E iso e o que ela sentía. Unha profunda e agonizante soidade que deixa só tras de sí o maior e más profundo esquecemento. Non hai lembranzas cando confundes vidas e soños. As veces só lembramos o que desexábamos vivir. E ó final, non chegamos máis aló ca o océano das ilusións rotas... Esnaquizadas... Como ela... Non hai máis. É así. Non hai máis.... Renunciamos a vivir e xa non sabemos a onde queremos chegar. E a fin de contas... Non había xa nada máis que facer. Ela sabíao mentres sorría tristemente. Non había nada que facer. Non había escapatoria.








A felicidade esborrallárase e só quedaba vivir para esquecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario