As veces a melancolía peta con todas as súas forzas e enchoupa todo o corazón. E neses intres non hai máis nada que podas facer para evitalo agás deixarte levar polo seu vaivén húmido e saborido.
É ahí e non noutro momento, cando podemos acariciar o tempo nos dedos e sentilo no noso propio peito, tirando de nós cara quen sabe onde.
O vento voará e os recordos levantarán balbordo; e nos, nos trataremos de manternos a flote para non sucumbir á súa enchoupante saudade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario