Co Atlántico de fondo,
a Torre de Hércules ilumina a costa coruñesa
na busca da paz dos seus habitantes,
sen ela, a cidade non sería máis que almas perdidas,
non sería nada máis que un cemiterio olvidado.
O seu resplandor
ilumina non só a costa,
ilumina ós cidadáns dunha vila pequena,
pero con ánimos para a resistencia,
alimenta as ganas de plantar cara
e os corazóns dos entristecidos;
é a guía no purgatorio que é un alma en pena.
A extraña calidez que produce
fai que un síntase en casa, aínda que Coruña non sexa o seu fogar,
como eses mariñeiros que atracan no porto e ó mirar hacia ela sorrín,
sen motivo aparente,
ó ver algo tan familiar e constante
que non deixa de recordar unha historia chea de drama e loita
dos antigos povos dese lugar.
Porque a súa luz
non só guía o camiño ás embarcacións,
senón que tamén
é un sendeiro
para todas as persoas que buscan refuxio
na vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario